A Fundación INFORMA, ASESORA e ACONSELLA ás familias e responsables de persoas con discapacidade intelectual a fin de que estes poidan acadar as mellores condicións de desenvolvemento, benestar e garantías de futuro; e, cando non é posible atopar as persoas físicas adecuadas, dispostas a encargarse das responsabilidades tutelares, a Fundación EXERCE AS MEDIDAS DE APOIO DE CARÁCTER XUDICIAL E/OU VOLUNTARIO. Na actualidade a Fundación Sálvora exerce as medidas de apoio de 60 persoas con discapacidade intelectual.

En cumprimento co disposto no artigo 12 da Convención Internacional de Derechos de las Personas con Discapacidad de las Naciones Unidas, entrou en vigor, o 3 de setembro a Lei 8/2021, de 2 de xuño, que reforma a lexislación civil e procesal para o apoio das persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

Esta Lei supón un cambio fundamental nas medidas de apoio ás persoas con discapacidade. Con esta reforma eliminase un modelo de substitución das persoas con discapacidade intelectual para adoptar un modelo de apoio na toma de decisións, baseado no respecto da vontade e preferencias das persoas con discapacidade.

O exercicio da capacidade xurídica é unha actividade desenvolta nesta entidade e continuada no tempo. Está destinada á prestación de apoios para o exercicio da capacidade xurídica e a toma de decisión ás persoas que o precisen e para quenes se estableceu unha medida de apoio, xudicial ou voluntaria.

SERVIZO DE APOIO PARA O EXERCICIO DA CAPACIDADE XURÍDICA

Os pais e familiares pola súa relación humana de afecto e compromiso,  consideranse  sempre, salvo evidencia en contra, os primeiros en ser  nomeados..

Se outra persoa física ou xurídica debe ser designada curadora, o xuíz debe ter en conta as condicións necesarias para o desempeño do cargo con eficacia.  

O curador debe comprometerse co benestar da persoa, ter capacidade para relacionarse con él, coñecer e comprender os seus desexos e necesidades, así  como o sistema de apoios e  servizos dispoñibles para utilizar os que poidan ter consecuencias significativas na vida da persoa. 

A Fundación  Sálvora  exerce o cargo das persoas con discapacidade intelectual encomendadas xudicialmente, velando, como un pai responsable, pola adecuada satisfacción das súas necesidades, tanto no ámbito persoal  como patrimonial, en orde a proporcionarlles a mellor calidade de vida posible e cumprindo puntualmente cos deberes inherentes ó cargo (rendición anual de contas os xulgados, inventarios,  autorizacións, solicitudes,…).

No ámbito persoal :

Prestando atención individual e persoalizada na procura dun entorno estable de relacións persoais cálidas e cercanas, en continua relación e coordinación  cos profesionais dos centros de vida e servizos socias do entorno; intervindo tanto nas áreas básicas de saúde, vivenda, alimentación, coidados persoais, formación, integración social e laboral, como  as persoais e afectivas (referencia persoal, interese pola súa vontade, desexos e preferencias…) e sociais (participación en actividades culturais, recreativas, deportivas,…).

No ámbito legal e patrimonial:

· Os apoiamos legalmente e velamos polos seus intereses.

· Os apoiamos na búsqueda dos recursos necesarios para garantir o seu benestar.

·  Os apoiamos para administrar os seus bens no seu único e exclusivo beneficio.

As relacións persoais e de integración social gozan dunha especial atención dentro das actividades coas persoas apoiadas. O longo do ano, ademais de participar nas actividades organizadas nos seus respectivos lugares de vida, asisten a campamentos de verán, estancias en pisos e casas tuteladas; etc. e participan en outras actividades de ocio, xunto con outros compañeiros/as: festividades, eventos sociais, deportivos ,….; organizados pola propia Fundación, o centro residencial, ou ben outros organismos e entidades.

A Fundación  Sálvora non presta servizos residenciais, laborais, educativos, etc. por entender co mellor exercicio do cargo precisa de curador a independencia necesaria para actuar como un usuario informado e esixente respecto ós servizos que se prestan  as persoas apoiadas, optando por ser consumidores dos servizos que prestan as entidades públicas e privadas.

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

Máis aló da estricta función do exercicio do cargo de curador, con tódalas súas consecuencias e responsabilidades, a Fundación  conta na súa  sede cun  servizo de información e asesoramento  sobre  as medidas de apoio as persoas con discapacidade intelectual,  a fin de axudarlles a resolver a problemática  afecta a súa singular situación e orientando sobre a forma de garantir o mellor futuro para as persoas con discapacidade intelectual.

A NIVEL PERSOALIZADO:

Atención telefónica, correo electrónico ,  entrevistas persoais concertadas con  familias e responsables de persoas con discapacidade intelectual 

· Medidas de protección xurídicas e sociais (curatela representaiva, curatela asistencial,  testamentos…)

· Apoio a labor tutelar de persoas físicas (rendición de contas, autorizacións,…)

· Recursos sociais, prestacións,…

· Coordinación e/ou derivación a outras entidades.

 A NIVEL COLECTIVO:

Participación en Xornadas e Charlas informativas  abertas, organizadas pola propia Fundación ou por outras entidades que solicitan colaboración.