A FUNDACIÓN TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar. Constituida en Vigo o 27 de decembro de 1990 e  clasificada pola Xunta de Galicia como benéfico asistencial, privada e  de interese galego.

ÓRGANO DE  GOBERNO

A representación, goberno e administración da Fundación corresponde a título legal e fundacional ó Padroado do que forman parte tanto asociacións e centros de atención a persoas con discapacidade intelectual, como outras entidades de iniciativa social e persoas físicas a nivel particular.

As entidades  están  representadas pola persoa física  designada por elas para tal fin.

O PADROADO (actualizado a 9/nov./2020)

Presidente: D. JACINTO LAREO JIMENEZ , patrón a título persoal.
Vicepresid.: D.LEVI OLIVARES GONZÁLEZ ,  representante de ESCRAVAS DA VIRXE DOLOROSA
Tesoureira: Dª CONCEPCIÓN SOMOZA TORRES ,  representante da ASOCIACIÓN APAM
Vogais: Dª M.CARMEN PUGA PEREIRO, representante de ASOCIACIÓN JUAN XXIII  
D. CIPRIANO JIMENEZ CASAS, representante da FUNDACIÓN MENELA
D. DIEGO VIÑAS FERNANDEZ, representante da HOGAR Y CLINICA SAN RAFAEL
D. ESTEBAN BACELO SOUTO,  representante da ASOCIACIÓN ACEESCA
Dª M.TERESA GALISTEO DE LA FUENTE, representante da  ASOCIACION ASPANAEX
D. JOSE RICARDO PRAVIO, representante da ASOCIACIÓN SAN JERONIMO EMILIANI
Dª MARIA TERESA ÁLVAREZ QUICLER, representante da CRUZ VERMELLA
D.EUGENIO GONZALO DAVILA DAVILA, representante de CARITAS DIOCESANA Tui-Vigo
D. LUIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, patrón a título persoal.
D.ALBERTO GONZALEZ DA ROSA, representante da ASOC. ESPER. DO VAL MIÑOR. Centro Juan María
Secretaria: Dª Beatriz Diaz Prego (non patroa)

COMITÉ EXECUTIVO

A efectos dunha maior eficacia na xestión o Presidente, Vicepresidente, Tesoureira e Secretaria integran a Comisión Executiva.

 

ÁREAS DE TRABALLO

ÁREA XURÍDICA: Encargase dos aspectos xurídicos da Fundación e das persoas apoiadas,  así como do asesoramento persoal e individualizado das demandas específicas formuladas por familias, titores, curadores e entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual, ca finalidade de garantir as mellores condicións de futuro para as persoas con discapacidade intelectual.

ÁREA SOCIAL:  Encargase da atención directa e seguimento das persoas apoiadas de forma continua e individualizada en tódolos ámbitos (social, afectivo, económico, de xestión,..), mantén o contacto e coordinación cos diferentes recursos e servicios (administración, vivenda, ocio,…). Valora as necesidades e busca as solucións mais axeitadas no mellor ben da persoa con discapacidade. Coordina e apoia ó voluntariado na importante tarefa de relación persoal, afectiva e de compromiso coas persoas con discpacidade.

As demandas de información e asesoramento, de pais, familiares e outras persoas ou entidades, son atendidas pola traballadora social que informa e orienta sobre as situacións plantexadas dando a coñecelas vías a seguir, recursos existentes,… e prestando apoios, de estimalo preciso. Traspasa ó Comité xurídico aqueles casos que requiren un asesoramento xurídico persoalizado.

Atenden esta área a traballadora social Dª. Beatriz Díaz Prego (responsable da área) e a educadora social Dª Noelia Vega Martínez (auxiliar de apoio), contando co apoio de 9 persoas voluntarias.

ÁREA ADMINISTRATIVA: Encargase das tarefas de administración, secretaria e arquivo, asi como as derivadas da adecuada xestión económica e contable da Fundación.

Atende esta área Dª Sara Rodríguez Abeijón  (auxiliar administrativa).

 

INSCRIPCIÓNS E REXISTROS

Clasificada como Benéfico Asistencial Privada (Orde do 10 de abril de 1991)

Declarada de Interese Galego (Orde do 11 de abril de 1991)

nº 1991/7: Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

nº E –319: Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

nº 0-180: Rexistro de entidades de acción voluntaria de Galicia.

Exerce o seu Protectorado a Consellería de Política Social

nº 250/92: Rexistro de Asociacións do Concello de Vigo.

Membro de LIBER Asociación de Entidades de apoyo a la  toma de decisiones.

Código de Identificación Fiscal G36733046