SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO |
SERVIZO TUTELAR |
Na actualidade a Fundación exerce cargo tutelar de 52 persoas con discapacidade intelectual. |
Os pais e familiares pola súa relación humana de afecto e compromiso, consideranse sempre, salvo evidencia en contra, os primeiros en ser designados titores. Se outra persoa física ou xurídica debe ser designada titor o xuíz debe ter en conta as condicións necesarias para o desempeño do cargo con eficacia. O titor debe comprometerse co benestar da persoa, ter capacidade para relacionarse con él, coñecer e comprender os seus desexos e necesidades, así como o sistema de apoios e servizos dispoñibles para utilizar os que poidan ter consecuencias significativas na vida da persoa. |
No ámbito persoal : Prestando atención individual e persoalizada na procura dun entorno estable de relacións persoais cálidas e cercanas, en continua relación e coordinación cos profesionais dos centros de vida e servizos socias do entorno; intervindo tanto nas áreas básicas de saúde, vivenda, alimentación, coidados persoais, formación, integración social e laboral, como as persoais e afectivas (referencia persoal, interese polas súas cousas,…) e sociais (participación en actividades culturais, recreativas, deportivas,…). No ámbito legal e patrimonial: · Os representamos legalmente e velamos polos seus intereses. · Buscámoslles os recursos necesarios para garantir o seu benestar. · Administramos es seus bens no seu único e exclusivo beneficio.
|
A Fundación Sálvora exerce o cargo de tutelar das persoas con discapacidade intelectual encomendadas xudicialmente, velando, como un pai responsable, pola adecuada satisfacción das súas necesidades, tanto no ámbito persoal como patrimonial, en orde a proporcionarlles a mellor calidade de vida posible e cumprindo puntualmente cos deberes inherentes ó cargo (rendición anual de contas os xulgados, inventarios, autorizacións, solicitudes,...).
|
SERVIZO TUTELAR |
As relacións persoais e de integración social gozan dunha especial atención dentro das actividades cos tutelados. O longo do ano, ademais de participar nas actividades organizadas nos seus respectivos centros residenciais, asisten a campamentos de veran, estancias en pisos e casas tuteladas; etc. e participan en outras actividades de ocio, xunto con outros compañeiros: festividades, eventos sociais, deportivos ,....; organizados pola propia Fundación, o centro residencial, ou ben outros organismos e entidades.
A Fundación Sálvora non presta servizos residenciais, laborais, educativos, etc. por entender co mellor exercicio da tutela precisa do titor a independencia necesaria para actuar como un usuario informado e esixente respecto ós servizos que se prestan ós tutelados, optando por ser consumidores dos servizos que prestan as entidades públicas e privadas.
|
A Fundación INFORMA, ASESORA e ACONSELLA ás familias e responsables de persoas con discapacidade intelectual a fin de que estes poidan acadar as mellores condicións de desenvolvemento, benestar e garantías de futuro; e, cando non é posible atopar as persoas físicas adecuadas, dispostas a encargarse das responsabilidades tutelares, a Fundación EXERCE OS CARGOS TUTELARES encomendados, tras a aceptación do nomeamento por vía xudicial. Na actualidade a Fundación Sálvora exerce a tutela a 55 persoas con discapacidade intelectual.
|
A NIVEL PERSOALIZADO: Atención telefónica, correo electrónico , entrevistas persoais concertadas con familias e responsables de persoas con discapacidade intelectual · Modificación da capacidade de obrar, tutela, curatela, testamentos,... · Apoio a labor tutelar de persoas físicas (rendición de contas, autorizacións,...) · Recursos sociais, prestacións,... · Coordinación e/o derivación a outras entidades. A NIVEL COLECTIVO: Participación en Xornadas e Charlas informativas abertas, organizadas pola propia Fundación ou por outras entidades que solicitan colaboración.
|
SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO |
Mais ala da estricta función do exercicio do cargo de titor con tódalas súas consecuencias e responsabilidades, a Fundación conta na súa sede cun servizo de información e asesoramento sobre tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual a fin de axudarles a resolver a problemática afecta a súa singular situación e orientando sobre a forma de garantir o mellor futuro para as persoas con discapacidade intelectual.
|
QUÉN SOMOS? QUÉ FACEMOS? TRANSPARENCIA COLABORA |
FUNDACIÓN TUTELAR GALEGA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SÁLVORA |